FESTAS FOLGOSO 2012 | ABEGONDO

11.06.2012 20:43

Este fin de semana teñen lugar as festas de Folgoso, a parroquia abegondesa celebra, os días 15, 16 e 17 de Xuño, as suas festas patronais, comenzando o venres día 15, coa xa tradicional, GRAN CHURRASCADA, na que cada ración  de churrasco, participará no sorteo dun camiseta do R.C.Deportivo da Coruña, asinada por todos os xogadores. Xa pola noite, contarán cunha GRAN VERBENA amenizada pola orquesta da Barcala (Cambre), FANIA BLANCO SHOW, que volve tras dous anos sen estar polas terras de Folgoso, pero non estará sola, a ela acompañará, a orquesta revelación do ano pasao, que este ano trae novidades, como novas incorporacións, e moitas ganas de festa, que tamén volve a Folgoso, pero cun periodo máis londo de espera, para volver a vela, ela e a orquesta PHILADELPHIA.

 

Xa o segundo día, contarán coa misa solemne e unha sesión vermouth amenizada por MÚSICA TRADICIONAL GALEGA, e xa de noite verbena amenizada pola orquesta NOVA IMPERIAL.

E a festa remata o domingo 17, coa misa solemne e sesión vermouth amenizada polo DUO COMPÁS.

O CAMPO ESTARÁ CUBERTO POR UNHA GRAN CARPA

Mais info en:www.folgoso.es

—————

Volver