FESTAS VIZOÑO 2012 | ABEGONDO

05.06.2012 20:55

Esta fin de semana, terá lugar na parroquia de Vizoño en Abegondo, a súa festa patronal, os dias 8, 9 e 10 de Xuño, e como non podía ser de outra forma, a festa comenzará, o venres 8, coa tradicional GRAN CHURRASCADA a partir das 20:00 horas, o churrasco, os pementos, o pan e o viño darannós a benvida a festa, pero o punto culme estará protagonizado por unha gran verbena, que como ano a ano, estará a cargo da Orquesta PANORAMA que volve un ano máis a Vizoño, para facer unha festa por todo o alto e que estará acompañada por outra gran orquesta "SORPRESA".

O sábado, 9 de Xuño, terá lugar o segundo día de festa, cunha misa solemne as 13:30 horas, e xa acontinuación unha sesión vermouth co Grupo BLUE STAR, que tamén estará amenizando a verbena.

E o domingo, 10 de Xuño, terá lugar o terceiro e o último día de festa, coa misa solemne, a partir das 13:30 horas, e xa acontinuación para rematar a festa, habrá unha sesión vermouth amenizada por un GRUPO MUSICAL.

RECORDAR QUE O CAMPO ESTARÁ CUBERTO CUNHA GRAN CARPA

Desexarlles os membros da comisión de festas de Vizoño unhas ¡¡¡FELICES FESTAS!!!

—————

Volver